A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
A Asemblea de ACEBE CCA elixe por unanimidade á nova directiva

Un momento das votacións da Asamblea Electoral de ACEBE CCA /ARUME
ACEBE CCA xa ten nova xunta directiva para os vindeiros dous anos. Os socios e socias da entidade elixiron por unanimidade a candidatura presidida por María Luisa Pérez Iglesias (Óptica, Parafarmacia, Herboristería Selgas), a única que se presentou ás eleccións convocadas para o 16 de novembro.
Acompañarán á presidenta nesta nova etapa de ACEBE CCA: Yolanda Sousa García (Fuchica na Testa), Eva García Díaz (Xoma Kids), Claudia Mª Marques Da Silva (El Cantón Ropa Interior), Cayetana Pena Vidal (Cayetana Pena nutricionista), Belinda Lameiro Sánchez (A Peixaría de Belinda), Susana Mª Mourón Barral (Comercial Veiga), Mónica Souto Seijo (Óptica Brigantium) e José María Presas Fuentes (Confecciones Chela).
A Asemblea Electoral celebrouse o 16 de novembro na Aula de Cultura Xulio Cuns, xusto despois da Asemblea Ordinaria na que a presidenta saínte, Antonia Anido Díaz, presentou a Campaña de Nadal e na que se decidiron tamén os domingos de apertura dos meses de decembro e xaneiro. Os socios e socias asistentes acordaron abrir os domingos 26 de decembro e 2 de xaneiro.
Despedida
Antonia Anido despediuse do seu cargo, no que levaba 14 anos, facendo un chamamento á unidade dos comerciantes e empresarios en torno á asociación e á súa participación activa para fortalecer un colectivo que ten tras de si unha traxectoria de máis de 40 anos e que conta con máis de 160 socios de diferentes sectores.
Despedida entre aplausos e emocionada, Anido agradeceu o apoio recibido ao longo da súa etapa e expresou os seus mellores desexos para a nova directiva nesta etapa que comeza. A nova presidenta, María Luisa Pérez Iglesias, transmitiulle en nome da directiva o seu agradecemento e agarimo e anunciou a intención do novo equipo de seguir a traballar por incentivar os sectores comercial e empresarial de Betanzos.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

