A campaña Betanzos énchese de soles de ACEBE CCA repartirá 32 premios valorados en 1200 euros

“Betanzos énchese de soles” é o lema da novidosa campaña que a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) organiza para fomentar o consumo nos negocios asociados. A acción promocional desenvolverase entre o 13 de xuño e o 4 de xullo e sorteará 32 premios valorados en 1.200 euros.

As novidades da iniciativa son, por un lado, o sistema de sorteo e, por outro, os premios, que nesta ocasión serán agasallos mercados en establecementos asociados en lugar de Acebecheques.

O sorteo

O sorteo consistirá no reparto de pegatinas de soles que os clientes poderán obter coas súas compras e que deberán pegar nunha cartilla que tamén conseguirán nos negocios asociados a ACEBE CCA. Cada cartilla contén dez espazos para pegatinas. Unha vez completada unha cartilla deberán entregala en calquera establecemento asociado ou nas oficinas da Asociación (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas).

O cliente quedarase co resgardo e as cartillas depositaranse nunha urna da que o notario extraerá os 32 premios do sorteo. As cartillas deberán estar seladas polo establecemento emisor para que sexan válidas.

Os clientes poderán obter as cartillas e os soles entre os días 13 e 26 de xuño e deberán entregalas cubertas coas pegatinas antes das 14.00 horas do 27 de xuño. Cada cliente poderá participar con tantas cartillas como consiga completar. O sorteo efectuarase ante notario o 4 de xullo. Os números daranse a coñecer a través desta páxina web e no número de xullo do periódico “Betanzos e a súa comarca”. Pode consultar aquí as bases completas da promoción.

Os premios

Sortearanse un total de 32 premios que a Asociación mercou noutros tantos negocios asociados e que están valorados en 1.200 euros. Os premios aos que poden optar os clientes que participen na campaña son os seguintes:

-Vale de 100 € en Soloe Viajes

-Vale de 100 € en Terras do Mandeo Viaxes

-Vale 100 € en Zafiro Tours

-Vale de 50 € Talleres Campañó

-Vale de 30 € en Clínica de acupuntura e masaxe Korea Han

-Vale de 30 € en Estación de Servizo Piadela

-Vale de 30 € en Estación de Servizo Ballenoil

-Vale de 30 € en Clínica de Fisioterapia Betanzos

-Vale de 50 € para consumición en Mesón O Pote.

-Vale de 30 € para consumición en Artesa da Moza Crecha.

-Vale de 20 € para consumición en Café Lanzós.

-Vale de 20 € para consumición en Café París.

-Vale para manicura e depilado de cexas en Salón de Estética Lolita's

-Décimo de Lotería de Nadal de Administración O Globo

-Lote de produtos de tratamento capilar Kristal Evo de Peluquería Xabela

-Lentes de sol Mr. Boho de Óptica Betanzos

-Casulla de profesora de Marán

-Kit de bordado de Mercería O Carrete

-Cono xigante de chuches de Larpeiradas Babel

-Xogo de toallas Fiotex de Bertha Hogar

-Cesta de produtos de alimentación de Supermercado Froiz

-Pantalón Only de Triscos Moda

-Cubo de pozo de madeira decorativo de Artesanía Lagoa

-Lámpada de teito Eglo de BC Iluminación

-Reloxo Mi Watch Lite Redmiwto2 de Electrónica César

-Mono corto Compañía Fantástica de Graf

-Pulseira de prata de Xoiería Carabel

-Cesta con crema e xeles Canotier de Farmacia Couceiro

-Libro "El Parque del Pasatiempo de Betanzos" de Libraría Biblos

-Set de caligrafía creativa Cretacolor de Librería Brea

-Lote de produtos ecolóxicos  de O Ekolar

-Cesta de produtos Gourmet de Segundo Productos Naturales

BASES CAMPAÑA VERAN 22 NÚMEROS PREMIADOS

Noticia extraída do Nº 355 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis


ACEBE CCA ACTIVA O SERVIZO DE ENVÍOS GRATUÍTOS PARA AS VENDAS EN LIÑA

26/02/2026

ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subv...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN MERCABETANZOS NO EDIFICIO LICEO NA FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO E 1 DE MARZO

10/02/2026

A fin de semana do 28 de febreiro e o 1 de marzo volverán os descontos de MercaBetanzos á planta alta do Edificio Liceo. O mercado de oportunidad...


leer máis