A campaña de outono de ACEBE CCA sortea 150 euros en premios a través da App

ACEBE CCA porá en marcha, entre o 16 de setembro e o 20 de outubro, a campaña de outono a través da aplicación móbil AcebeCCA mediante a que se sortearán dous bonos de 75 euros cada un para gastar nos negocios asociados.

Os premios adxudicaranse mediante un sorteo que se realizará o 21 de outubro tamén a través da App, entre todas as persoas participantes que cumpran cos requisitos establecidos nas bases, que poden consultarse aquí.

Para participar na campaña é preciso ser maior de 18 anos, descargar a aplicación móbil AcebeCCA e darse de alta como usuario. A aplicación está dispoñible tanto para Android como para IOS.

Para entrar no sorteo, os clientes deberán reunír tíckets de compra ata sumar 300 euros. Unha vez alcanzada esta cantidade, poderá seguir xuntando tíckets para ter máis oportunidades de gañar. Os recibos deben corresponder a compras realizadas entre o 16 de setembro e o 20 de outubro en negocios asociados a ACEBE CCA.

O cliente terá que entrar no apartado da campaña dentro da App e rexistrar os tíckets de compra para poder participar no sorteo que se realizará o día 21 de outubro tamén a través da aplicación.

A organización verificará que as persoas gañadoras cumpren cos requisitos recollidos nas bases e que os tíckets rexistrados corresponden a compras efectuadas durante o periodo de vixencia da campaña e nos negocios asociados.

Unha vez realizadas as comprobacións, contactará coas persoas gañadoras para activar o bono de 75 euros na súa app.

Como canxear os premios

Os premios poderán gastarse en calquera dos establecementos asociados a ACEBE CCA tan só amosando o código QR no momento de efectuar a compra. Pode canxearse integramente nun establecemento ou parcialmente en varios negocios ata esgotar o saldo. A data límite para trocar o bono é o 30 de novembro de 2024, unha vez pasada esta data non terá validez.

A campaña de outono de ACEBE CCA está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

BASES GALEGO BASES CASTELAN

Noticia extraída do Nº 382 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis