ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
A campaña de outono de ACEBE CCA sortea dous bonos de 75 euros a través da súa aplicación móbil

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, pon en marcha o 18 de setembro a súa Campaña de Outono que terá como protagonista a súa aplicación móbil e na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un.
Para participar cómpre ter descargada a App AcebeCCA (dispoñible para Android e Ios) e darse de alta como usuario. Os clientes deberán reunir e rexistrar na App tíckets de compra ata xuntar 300 euros, en compras realizadas nos establecementos asociados entre o 18 de setembro e o 18 de outubro. Unha vez reunido o importe, poderán seguir participando con novos tíckets e terán así máis oportunidades de gañar.
O sorteo realizarase a través da aplicación o día 19 de outubro. A organización comprobará que as persoas premiadas cumpren cos requisitos establecidos nas bases e comunicarase cos gañadores para activar na súa App os bonos.
O premio poderá canxearse en calquera comercio, local de hostalería ou empresa asociada a ACEBE CCA amosando o código QR no momento de efectuar o pago e pode gastarse integramente nun negocio ou parcialmente en diferentes establecementos. A data límite para canxear os bonos será o 30 de novembro de 2023, unha vez pasado este día desactivaranse.
Os titulares de negocios, cónxuxes e familiares directos e os seus empregados poderán participar na campaña mais non cos tíckets dos seus propios establecementos. Non poderán participar en ningún caso os empregados de ACEBE CCA nin os membros da xunta directiva.
Poden consultar aquí as bases. A campaña é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Esta é a segunda acción promocional que a asociación realiza a través da súa App AcebeCCA que, ademais, permite aos asociados poñer en marcha iniciativas propias de fidelización, sorteos, promocións e outras campañas exclusivas para os seus clientes.
A aplicación AcebeCCA pode descargarse desde PlayStore ou AppStore, ou a través dos seguintes enlaces:
ANDROID:https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bitnorte.acebecca
iPHONE: https://apps.apple.com/es/app/acebecca/id6444877936
Novas relacionadas
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...
26/02/2026
ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subv...
10/02/2026
A fin de semana do 28 de febreiro e o 1 de marzo volverán os descontos de MercaBetanzos á planta alta do Edificio Liceo. O mercado de oportunidad...

