A Campaña de Outono de ACEBE sortea dous bonos de 75 euros cada un

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os clientes que realicen as súas compras nos negocios asociados.

Esta nova acción promocional de ACEBE CCA ten como finalidade contribuír a fomentar o consumo nos comercios, empresas e locais de hostalería asociados á entidade ofrecendo un incentivo aos clientes polas súas compras. Ademais, tamén se busca promocionar a aplicación móbil de ACEBE CCA que a entidade puxo en marcha hai uns anos.

Como participar

Para participar no sorteo, os clientes deberán descargar a aplicación AcebeCCA (dispoñible para Android e IOS), unha vez rexistrados deberán entrar na "Campaña de Outono" e subir os tíckets de compras realizadas entre o 25 de setembro e o 13 de outubro en establecementos asociados, ata xuntar 300 euros. Unha vez completada a cantidade de 300 euros poderán seguir participando con outros tíckets para ter máis posibilidades de gañar algún dos premios que se sortearán.

O sorteo efecturarase o 14 de outubro mediante unha ferramenta dixital que elixirá ao azar ás persoas gañadoras. O persoal da asociación comprobará que estas cumpren cos requisitos establecidos nas bases e, no caso de que non sexa así, realizarase un novo sorteo.

Como canxear os bonos

O persoal da asociación contactará coas persoas agraciadas para concertar unha cita e poder activar os bonos nas súas respectivas app e poderán canxealos en calquera dos negocios asociados a ACEBE CCA amosando o código QR no momento de realizar o pagamento dunha compra.

Poderán gastalo integramente nun único establecemento ou realizando varias compras en negocios diferentes, ata esgotar o saldo de 75 euros. A data límite para gastar o importe do bono será o 14 de novembro deste ano. Unha vez pasada esta data quedará invalidado.

Na campaña só poden participar persoas maiores de 18 anos e os titulares de negocios asociados e o persoal traballador non poderán participar con tíckets dos seus propios establecementos pero si cos doutras empresas asociadas. 

Esta acción promocional de ACEBE CCA está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos.

A aplicación Acebecca pode descargarse desde PlayStore ou AppStore, ou a través dos seguintes enlaces: 

ANDROID:https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bitnorte.acebecca
iPHONE: https://apps.apple.com/es/app/acebecca/id6444877936

BASES GALEGO BASES CASTELÁN

Noticia extraída do Nº 406 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis