A campaña de primavera de ACEBE CCA sortea 2000 bolsas de tea de deseño exclusivo a través da súa App

A presidenta de ACEBE CCA, Mª Luisa Pérez, e a vicepresidenta, Claudia Marques, cos carteis e bolsas da campaña / FOTO ARUME

ACEBE CCA porá en marcha entre o 15 de abril e o 10 de maio a súa campaña de primavera na que sorteará, mediante premio directo, 2.000 bolsas de tea cun deseño exclusivo.

Para participar na campaña será preciso que os clientes e os negocios teñan descargada a aplicación móbil AcebeCCA (dispoñible para Android e para IOS). Cada establecemento poderá xerar ata 100 códigos aleatorios, dos que 11 serán premiados cunha bolsa de tea que poderá entregar ao cliente gañador directamente.

No momento de efectuar o pago da compra, o establecemento xera un código a través da aplicación que deberá ser escaneado polo cliente tamén mediante a App e saberá ao instante se resultou agraciado. No caso de que o cliente non teña posibilidade de escanear o código, poderá facelo o propio comerciante a través da súa aplicación.

Poden consultar aquí ou na App as bases completas desta acción promocional. A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

BASES GALEGO BASES CASTELLANO

Noticia extraída do Nº 377 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis