A campaña de San Valentín de ACEBE CCA sortea 100 euros en premios

ACEBE CCA sorteará un premio de 100 euros en acebecheques nunha nova edición da campaña de San Valentín. As persoas que desexen participar terán que respostar un cuestionario ao que se pode acceder a través das redes sociais de ACEBE CCA (Instagram ou Facebook) ou mediante o código QR impreso nos carteis promocionais. Ao respostar o cuestionario, ademais de participar no sorteo, a persoa participante recibirá unha mensaxe con suxestións de agasallos para San Valentín que pode atopar nos negocios asociados.

O cuestionario deberá respostarse antes das 00.00 horas do 12 de febreiro para que a participación no sorteo sexa válida, e deberá indicarse o nome e apelidos, teléfono, correo electrónico de contacto e o nome do perfil de Facebook ou Instagram da persoa participante. Podes respostar o cuestionario aquí.

ACEBE CCA remitirá, nun prazo de 24 horas desde o envío das respostas, un correo electrónico confirmando a súa participación no sorteo e recomendándolle catro posibles agasallos para San Valentín.

O sorteo realizarase o 14 de febreiro ás 12.00 horas mediante unha ferramenta dixital que seleccionará ao azar a unha persoa de entre todas as participantes. O resultado publicarase nas contas de Facebook e Instagram de ACEBE CCA.

A asociación contactará coa persoa premiada e, se non resposta antes das 12.00 horas do 16 de febreiro, realizarase un segundo sorteo que terá como prazo de resposta ata o 18 de febreiro.

A persoa gañadora terá como data límite para canxear o premio ata o 6 de marzo de 2025 e poderá gastar os acebecheques por valor de 100 euros en calquera dos case 200 establecementos asociados a ACEE CCA. Pode consultar as bases completas aquí.

Esta campaña é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis