A campaña de verán de ACEBE CCA sortea máis de 1.500 euros en premios

Gallery Thumb 1

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, pon en marcha a súa campaña de verán “Merca, GAÑA e dálle vida”, na que sorteará 26 premios por un valor que supera os 1.500 euros.

Os clientes que realicen as súas compras entre o 14 e o 28 de xuño nos establecementos integrados en ACEBE CCA participarán no sorteo de 15 Acebecheques, 10 para gastar nos establecementos asociados e 5 para gastar nos locais de hostalería socios, roteiros eco-turísticos pola comarca de Betanzos, e unha fin de semana nunha casa de turismo de rural da provincia da Coruña. Con esta proposta a asociación busca dinamizar e apoiar aos sectores máis afectados pola crise da Covid-19, incentivar o consumo nos negocios de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes.

Premios

Os clientes do Centro Comercial Aberto de Betanzos poderán gañar 10 Acebecheques de 50 euros cada un que poderán gastar en calquera dos case 200 establecementos asociados a ACEBE CCA e outros 5 Acebecheques de 50 euros cada un, específicos para canxear en negocios de hostalería socios da entidade.

Ademais, sortearanse 10 roteiros eco-turísticos para dúas persoas pola comarca de Betanzos, organizados por Compás Proxectos e unha estadía de fin de semana nunha casa de turismo rural da provincia da Coruña valorada en 270 euros e que poderá canxearse na axencia Terras do Mandeo Viaxes.

Sorteo

A Asociación volve a organizar unha campaña con rifas e sorteo ante notario, tras máis dun ano de pandemia e de restricións que dificultaron a posibilidade de celebrar este tipo de propostas.

Os clientes que consuman nos establecementos asociados a ACEBE CCA entre o 14 e o 28 de xuño recibirán boletos para participar no sorteo dos 26 premios da campaña que se celebrará ante notario o día 6 de xullo. Nesa data coñeceranse os números gañadores e os clientes terán ata o día 23 de xullo deste ano para reclamar os seus premios.

Cada establecemento determinará o número de rifas que entregan aos clientes segundo o volume de compra que realicen. Os boletos deberán estar selados polo negocio tanto na matriz como na papeleta que entregan aos clientes.

A organización recollerá as matrices nos establecementos entre o 29 de xuño e o 1 de xullo. Unha vez recollidas, depositaranse nunha urna e o día do sorteo o notario extraerá unha papeleta por cada un dos premios.

Os números agraciados daranse a coñecer o mesmo día do sorteo na web de ACEBE CCA: www.comerciodebetanzos.com, nas redes sociais (Instagram e Facebook) de Comercio de Betanzos Acebe, e publicaranse na edición de xullo do periódico “Betanzos e a súa comarca”.

As bases completas da promoción poden consultarse aquí e para resolver calquera dúbida poden contactar coas oficinas da asociación por correo electrónico: acebe@comerciodebetanzos.com, ou chamando por teléfono aos números 981774574 ou 618829804 en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis