A campaña de verán de ACEBE CCA sorteará máis de 1500 euros en premios

A acción promocional, que se desenvolverá entre o 1 e o 20 de xullo, consistirá no reparto de boletos "rasca" que os negocios inscritos entregarán aos seus clientes polas súas compras.

As papeletas dispoñen dunha zona prateada para que os clientes rasquen e poderán saber no momento se lles tocou algún dos 400 premios que se poñen en xogo durante esta campaña.

Sortearanse 12 vales de 50 euros, 45 vales de 20 euros, 218 bolsas de tea de algodón reutilizables de deseño exclusivo e 125 libros de cómic.

Nesta ocasión, como novidade, os establecementos asociados tiñan que inscribirse na campaña para poder dispoñer dos boletos. Finalmente, son case un cento de negocios de diferentes sectores os que disporán de "rascas" para entregar aos seus clientes. Cada establecemento disporá de 50 boletos que entregarán a partir do 1 de xullo, ao seu criterio segundo o volume de compra, e ata esgotar existencias. Os comercios, empresas e locais de hostalería inscritos na campaña disporán dun cartaz identificativo.

Entrega dos premios

No caso de que un cliente atope un boleto premiado cun vale de 50 ou de 20 euros poderá canxealo directamente en calquera dos establecementos asociados.

O vale deberá ser canxeado integramente nunha compra de importe igual ou superior ao premio e se fose de importe inferior o cliente non poderá recibir o cambio correspondente. Tampouco poden utilizarse como medio de disposición de diñeiro en efectivo.

Os titulares dos negocios nos que se canxee algún destes vales deberán conservalo para que a asociación lles reintegre o seu valor.

Se ao cliente lle toca como premio unha das bolsas de tea ou un libro de cómic deberá pasar a recollelo pola oficina de ACEBE CCA, situada na Praza Mestre José Dapena, número 1 baixo, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas. A data límite para reclamar os premios e para gastar os vales será o 31 de xullo de 2024. Podes consultar aquí as bases.

A campaña está organizada por ACEBE CCA e financiada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.

BASES GALEGO BASES CASTELLANO

Noticia extraída do Nº 379 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis