ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
A Campaña Días Azuis do Comercio Galego sortea 12.000 euros en premios

Xa está en marcha unha nova edición da campaña "Días Azuis do Comercio Galego" que sorteará 12.000 euros en premios entre os clientes dos negocios de proximidade das catro provincias galegas.
A iniciativa está promovida pola Federación Galega de Comercio e pola Xunta de Galicia, e conta coa colaboración de ABANCA e das federacións provinciais, das asociacións de comerciantes e dos centros comerciais abertos de Galicia.
Poderán participar na campaña os clientes que realicen as súas compras nos comercios de proximidade entre os días 23 de xuño e 17 de xullo de 2022. En total sortearanse 12.000 euros en premios en forma de tarxetas prepago regalo. A campaña porá en xogo 24 tarxetas de 250 euros (6 por cada provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia) que deberán empregarse tamén en compras nos establecementos comerciais tradicionais tendo como prazo máximo ata o 30 de xuño de 2023.
Os clientes poden participar de dúas maneiras. Por un lado, rexistrando a compra realizada na páxina web www.diasazuis.com e, por outro lado, coa colaboración do comerciante, sendo este quen rexistre a compra en www.diasazuis.com/comercios. Desta maneira, o consumidor obterá unha participación extra no sorteo.
En calquera caso, o cliente deberá fotografiar e/ou gardar o tiquet de compra como xustificante para poder reclamar o premio. Cantas máis compras realice cada cliente, máis oportunidades terá de gañar algún dos premios.
O sorteo realizarase ante notario o 21 de xullo de 2022 e será a Federación Galega de Comercio quen contacte cos gañadores dos premios para informarlles da data de entrega. Os gañadores publicaranse tamén na páxina web da campaña.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

