A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...
Comeza a campaña Días Azuis do comercio galego con 16.200 euros en premios
Entre o 14 e o 30 de setembro de 2020 desenvolverase a Campaña "Días Azuis do comercio galego" que sorteará 16.200 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de proximidade. En total sortearanse 28 tarxetas prepago regalo de 300 euros (7 por cada provincia) e 52 de 150 euros (13 por provincia) que deberán utilizarse para mercar nos establecementos comerciais tradicionais.
A iniciativa está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións provinciais, as asociacións de comerciantes e os centros comerciais abertos de Galicia.
Para participar, os clientes deberán seguir tres pasos. O primeiro, realizar unha compra nun comercio de proximidade. O segundo, rexistrar a compra realizada na páxina web www.diasazuis.com. O terceiro, gardar o ticket de compra como comprobante.
Ademais, poden contar coa colaboración dos comerciantes para que sexan eles mesmos os que rexistren a compra a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, desta maneira, o cliente duplica as súas posibilidades de gañar un premio.
O sorteo realizarase o día 7 de outubro de 2020 ante notario e os gañadores recibirán unha comunicación directa dende a Federación Galega de Comercio. A listaxe de premiados será publicada tamén na páxina www.diasazuis.com unha vez realizado o sorteo.
Novas relacionadas
30/11/2020
A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...
19/11/2020
As persoas traballadoras por conta propia poderán solicitar dende hoxe e ata o próximo 18 de decembro as axudas da Xunta para facer fronte á crise ...
08/11/2020
O Concello de Betanzos abriu hoxe o prazo para que os autónomos e microempresas afectados pola Covid-19 e que teñan a súa sede social no municipio ...