A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Act...
A Campaña “Días Azuis do comercio galego” sortea 20000 euros en premios na súa edición de verán
A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de proximidade. En total sortearanse 44 tarxetas de 250 euros (11 por provincia) e 60 tarxetas de 150 euros (15 por provincia) para mercar nos establecementos comerciais de proximidade. A iniciativa desenvolverase entre os días 10 e 30 de xuño e o sorteo realizarase ante notario o 2 de xullo.
Os clientes premiados terán ata o 31 de outubro para gastar as súas tarxetas regalo realizando compras nos comercios de cercanía.
Para participar, os clientes deberán rexistrar a compra realizada na páxina web www.diasazuis.com. Tamén poden contar coa colaboración dos comerciantes, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde o vendedor pode rexistrar directamente a operación de compra e duplica así as opcións dos clientes.
O cliente debe fotografiar e gardar o seu tícket como xustificante da compra.
A campaña está promovida pola Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e ABANCA en colaboración coas federacións provinciais, as asociacións de comerciantes e os centros comerciais abertos de Galicia.
Novas relacionadas
01/06/2023
Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...
14/04/2021
A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...
30/11/2020
A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...