A Campaña Rasca e Gaña de ACEBE CCA pon en xogo 341 premios valorados en 1500 euros

ACEBE CCA sorteará un total de 341 premios valorados en 1.500 euros a través da súa campaña “Rasca e Gaña” que se desenvolverá ata o 30 de maio.

Os clientes poderán recibir polas súas compras boletos “rasca e gaña” nos máis de 60 negocios inscritos na campaña e terán a oportunidade de obter premios directos. En total, poñeranse en xogo 64 vales de 20 euros cada un, 183 bolsas de tea de algodón reutilizables e 94 libros de cómic.

No caso de conseguir un boleto premiado cun vale de 20 euros, o cliente poderá canxealo directamente en calquera dos establecementos asociados, aínda que non estean inscritos na campaña. Se o premio obtido é unha bolsa de tea ou un cómic deberán recollelo na oficina da asociación, situada na Praza Mestre José Dapena número 1, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Os boletos premiados deberán canxearse polos seus respectivos premios antes das 14.00 horas do día 30 de xuño. Poden consultar aquí as bases completas da promoción e aquí o listado de negocios participantes.

A acción promocional está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

Novas relacionadas


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis