A candidatura de María Luisa Pérez Iglesias elixida por unanimidade para dirixir ACEBE CCA os próximos dous anos

Integrantes da nova directiva de ACEBE CCA coa presidenta, Mª Luisa Pérez, no centro / FOTO ARUME

ACEBE CCA ten nova xunta directiva para os próximos dous anos. Os socios e socias reunidos en Asemblea elixiron por unanimidade a candidatura presidida por María Luisa Pérez Iglesias (Óptica, Parafarmacia, Herboristería Selgas), a única que se presentou ás eleccións convocadas para o 14 de novembro.

Acompañarán á presidenta nesta nova etapa: Eva García Díaz (Xoma Kids), Claudia Mª Marques Da Silva (El Cantón Ropa Interior), Susana Mª Mourón Barral (Comercial Veiga), Mónica Souto Seijo (Óptica Brigantium) -que xa formaran parte do anterior equipo directivo- Patricia Docampo López (Larpeiradas Babel), Guadalupe Lema Senande (Miraquelinda) e Sonia Romero Amado (Chocolat), como novas incorporacións.

A Asemblea Electoral celebrouse o 14 de novembro na Sala Azul do Edificio Arquivo, xusto despois da Asemblea Ordinaria na que a directiva saínte presentou as contas do exercicio de 2022, e as iniciativas en marcha como a Campaña de Nadal así como unha valoración das actividades realizadas durante o ano.  Na asamblea acordáronse tamén os domingos de apertura no Nadal. Os socios e socias asistentes acordaron abrir o domingo 24 de decembro en horario de mañá.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis