A creación de sinerxias entre os socios será unha das prioridades da nova directiva presidida por María Luisa Pérez Iglesias

Os integrantes da nova directiva de ACEBE CCA / ARUME

Un equipo "unido, ilusionado, con moitas ideas e con gañas de traballar". Así define a presidenta, Mª Luisa Pérez Iglesias (Óptica, Parafarmacia e Herboristería Selgas), á nova directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) elixida por unanimidade nas eleccións celebradas o 16 de novembro.

A directiva combina a contrastada experiencia de comerciantes e empresarios cunha longa traxectoria, coa ilusión e valentía de novas emprendedoras que abriron máis recentemente os seus negocios.

Acompañan a Mª Luisa Pérez á fronte de ACEBE CCA: Claudia Marques da Silva (El Cantón Ropa Interior) como vicepresidenta; Eva García Díaz (Xoma Kids) como secretaria; José Mª Presas Fuentes (Confecciones Chela) como tesoureiro; Yolanda Sousa García (Fuchica Na Testa), Mónica Souto Seijo (Óptica Brigantium) e Susana Mourón Barral (Comercial Veiga) como vogais. Completan o equipo Cayetana Pena Vidal (Cayetana Pena Nutricionista) e Belinda Lameiro Sánchez (A Peixaría de Belinda) que, ademais de vogais da xunta directiva ocuparanse da dirección de "Betanzos e a súa comarca", o periódico que edita a asociación dende hai case trinta anos.

Tralas primeiras xuntanzas, o novo equipo directivo definiu as súas prioridades a curto prazo, entre as que destacan a creación de sinerxias entre os asociados para promover a unión e xerar beneficios mutuos entre diferentes sectores.

As súas liñas de traballo irán encamiñadas a fomentar a participación dos socios e socias, a incrementar a presenza da asociación na vida social e cultural, a organizar accións promocionais periódicas e actividades formativas coa finalidade de dinamizar e promocionar os sectores comercial, empresarial e hostaleiro ao que representan.


Noticia extraída do Nº 349 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis