A edición de verán da Campaña Días Azuis do comercio galego sortea 12000 euros en premios

Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre os clientes do comercio de proximidade.

En total sortearanse 24 tarxetas de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia) para mercar nos establecementos comerciais tradicionais. O sorteo realizarase ante notario o 29 de xuño de 2023 e os premios poderán gastarse ata o 31 de outubro.

Para participar, os clientes deberán rexistrar a compra realizada na páxina web www.diasazuis.com. Tamén poden contar coa colaboración dos comerciantes, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde o vendedor pode rexistrar directamente a operación de compra e duplica así as opcións dos clientes.

O cliente debe fotografiar e gardar o seu tícket como xustificante da compra.

A campaña está promovida pola Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e ABANCA en colaboración coas federacións provinciais, as asociacións de comerciantes e os centros comerciais abertos de Galicia.


Novas relacionadas


A XUNTA ABRE A INSCRICIÓN DOS COMERCIOS NA CAMPAÑA BONOS ACTIVA COMERCIO

14/04/2021

A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...


leer máis


A XUNTA ACTIVA OS PROGRAMAS DE AXUDAS A MICROEMPRESAS E HOSTALERÍA

30/11/2020

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...


leer máis


A XUNTA ABRE HOXE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS A AUTÓNOMOS, QUE SERÁN DE ENTRE 1.200 E 2.000 EUROS

19/11/2020

As persoas traballadoras por conta propia poderán solicitar dende hoxe e ata o próximo 18 de decembro as axudas da Xunta para facer fronte á crise ...


leer máis


OS AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS PODEN SOLICITAR XA AS AXUDAS PEL-REACTIVA DA DEPUTACIÓN

08/11/2020

O Concello de Betanzos abriu hoxe o prazo para que os autónomos e microempresas afectados pola Covid-19 e que teñan a súa sede social no municipio ...


leer máis