A farmacia Couceiro recibe a medalla de prata de Betanzos polos seus 300 anos de historia

A corporación, presidida pola alcaldesa, María Barral, acompaña ás responsables da Farmacia Couceiro no acto de entrega da medalla / ARUME

A Farmacia do Dr. Couceiro recibiu a medalla de prata de Betanzos en recoñecemento aos seus tres séculos de historia. A alcaldesa, María Barral, fixo entrega da distinción á actual propietaria, María Sánchez, que constitúe a novena xeración da mesma familia que rexenta esta emblemática farmacia.

A primeira referencia que se conserva sobre o establecemento data de 1719. Trátase dun expediente que se conserva no Arquivo Municipal no que se reflicte un preito entre dúas boticas, unha delas pertencente a Alonso Bermúdez de Castro, o primeiro propietario da farmacia. Ata a data de hoxe son nove as xeracións da mesma familia as que rexentaron o establecemento que segue a manterse no seu emprazamento orixinal.

María Barral subliñou que "é máis que un negocio, un monumento onde tradición e modernidade combínanse", dixo, xa que o local segue a manter a decoración de finais do século XIX, conserva os botes orixinais de hai centos de anos, pesas e instrumental antigos.

A súa botica e rebotica e o laboratorio, no que aínda se seguen a fabricar pomadas e xarabes seguindo as antigas receitas herdadas dos antergos, constitúen un auténtico museo da historia familiar pero tamén da evolución da actividade farmacéutica nos últimos trescentos anos.

Esta distinción súmase a outras con que foi recoñecida a farmacia como a Medalla de Prata de Galicia outorgada pola Xunta de Galicia.


Noticia extraída do Nº 321 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ASEM GALICIA ASINA UN CONVENIO CO CENTRO DE TERAPIAS ECUESTRES EQUINOSENS

11/02/2020

A Asociación de Enfermedades Neuromusculares (ASEM) Galicia asinou un convenio de colaboración co centro Equinosens no que se aplican terapias con c...


leer máis


O GRUPO TÁBORA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES NEUROMUSCULARES (ASEM) ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

18/09/2019

O grupo Tábora, do que forma parte Óptica Betanzos, asinou un convenio de prestación de servizos coa Asociación Galega de Enfermidades Neuromuscul...


leer máis


MANUEL PEDREIRA ABRE O CICLO DE CHARLAS QUE ORGANIZA ACEBE CCA COAS SÚAS ASESORÍAS ASOCIADAS

04/07/2019

Manuel Pedreira, titular da Asesoría Apebe, en Betanzos, foi o encargado de abrir o ciclo de charlas formativas que organiza ACEBE CCA en colaboraci...


leer máis


DOCERÍA RÁBADE, MÁIS DE CEN ANOS DE TRADICIÓN REPOSTEIRA SEGUINDO AS RECEITAS DO AVÓ CONSTANTE

21/05/2019

En 1916 Constantino Rábade abriu a docería que na actualidade xestiona a súa neta Carmen onde traballan outras dúas persoas da familia que elabora...


leer máis