A plataforma SOS Hostelería Betanzos convoca unha concentración o mércores 24 para reclamar un plan de rescate

A manifestación do 18 de febreiro rematou cunha concentración na Praza Irmáns García Naveira / FOTO ARUME

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha concentración na Praza Irmáns García Naveira para reivindicar un plan de rescate para o sector.

O colectivo reclama medidas para paliar os efectos das restricións motivadas pola pandemia e axudas para mitigar as consecuencias do peche do sector. SOS Hostelería Betanzos xa celebrou unha primeira manifestación de protesta o pasado 18 de febreiro á que se sumaron proveedores, afectados tamén polas consecuencias do peche dos establecementos. A marcha, encabezada por un coche fúnebre, e acompañada de furgonetas de diferentes empresas proveedoras do sector, percorreu dende o Carregal ata a Praza García Irmáns, onde os manifestantes leron un manifesto.

ACEBE CCA mostra o seu apoio ás reivindicacións e anima aos socios e socias da entidade a participar na concentración convocada por SOS Hostelería Betanzos.


Novas relacionadas


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA OS AUTÓNOMOS E MICROPEMES DE BETANZOS AFECTADOS POLA COVID-19

06/07/2020

Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...


leer máis