A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
A Reserva de Biosfera recibe o Premio Michel Batisse da Unesco
A delegación da Reserva que recolleu o premio, encabezada polo presidente da Reserva e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e polo vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo acaba de recibir o máximo recoñecemento medioambiental que concede a Unesco, o Premio Michel Batisse, polo plan alimentario para a comarca.
O proxecto de As Mariñas foi elixido para representar a España na edición deste ano do certame pola preservación dos produtos ecolóxicos locais que contribúen a protexer e conservar as especies autóctonas e ao desenvolvemento sostible.
O galardón, creado en 1989 para recoñecer proxectos innovadores das reservas de biosfera de todo o mundo, valora o labor que se está a desenvolver en favor da xeración de emprego, da promoción e respeto pola biodiversidade a loita contra o cambio climático no territorio.
O premio, que se concede cada dous anos, está dotado con 12.000 dólares e cada país só pode presentar un proxecto candidato. Nesta ocasión o proxecto proposto por España foi o das Mariñas.
A París desprazouse unha delegación da Reserva, encabezada polo presidente, e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o Vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo. Tamén asistiron ao acto de entrega do premio Rodrigo López e Liss Becerra, exconcelleiros de Oleiros e Sada, Cristina Bañobre e Rocío Permuy, produtora local das patacas "Daterra" e o xerente da Reserva, Jorge Blanco.
O premio entregouse no marco do Consello Internacional de Coordinación do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB) da Unesco, en París, onde tamén se entregaron becas a científicos novos. Esta importante distinción chega cando se cumpren seis anos dende a obtención da denominación Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo da que forman parte Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...