A Sinfónica de Galicia ofrecerá en Betanzos un concerto "único" promovido polo Concello e ABANCA

De esq. a dta.: o xerente da OSG, Andrés Lacasa, a alcaldesa, María Barral, e Javier Etcheverría trala presentación do concerto

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) actuará por primeira vez en Betanzos nun concerto ao aire libre e gratuito na Praza dos Irmáns García Naveira promovido polo Concello de Betanzos e por ABANCA.

A cita será o 22 de agosto ás 21.00 horas e forma parte dos Concertos Extraordinarios da OSG e da programación do Concello de Betanzos con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade.

A alcaldesa, María Barral, xunto ao presidente de Honra de ABANCA, Javier Etcheverría, e o xerente da OSG, Andrés Lacasa, presentaron o acordo que permitirá traer a Betanzos este concerto.

María Barral agradeceu a "colaboración extraordinaria de ABANCA co 800 aniversario e o interese mostrado, persoalmente por Javier Etcheverría, fillo adoptivo de Betanzos para que este concerto sexa unha realidade en Betanzos", dixo.

Un concerto único

O concerto da Sinfónica terá un carácter único e especial, tanto polo seu repertorio, que incluirá "guiños" á cidade, como polo marco no que se desenvolverá. Baixo a dirección do mestre José Trigueros, o programa inclúe temas populares con grandes éxitos da música sinfónica como a suite "Carmen", de Georges Bizet ou o "Capricho español, op. 34", de Nikolai Rimski-Kórsakov ata música latinoamericana como a obra "Oblivion", de Astor Piazzolla, e o "Danzón nº 2" de Arturo Márquez.

O concerto rematará coa interpretación da "Danza de Xastres" que será adaptada para a ocasión por Pedro Lamas e Roberto Somoza e que será bailada polo Grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos.

A actuación da Sinfónica de Galicia en prazas públicas non é frecuente e concertos como o que o público de Betanzos poderá presenciar o vindeiro 22 de agosto na Praza García Naveira só adoitan ofrecerse en lugares como María Pita, na Coruña, ou o Obradoiro, en Compostela.

A Orquestra Sinfónica de Galicia foi creada en 1992 polo Concello da Coruña e ten a súa sede no Pazo da Ópera da cidade herculina.

Foi premiada, entre outros galardóns coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música 2010.


Noticia extraída do Nº 321 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis