A Xunta abre o prazo de adhesión dos establecementos comerciais á campaña Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, pon en marcha a campaña Bono Activa Comercio para contribuir a incentivar o consumo nos establecementos comerciais de proximidade.

A iniciativa permitirá que cada cliente dispoña dun bono de 30 euros que poderá ir descontando nos comercios adheridos á campaña, que se identificarán mediante un distintivo.

Os establecementos comerciais que desexen sumarse á proposta deberán adherirse a través deste enlace. O prazo de adhesión estará aberto dende o 13 de outubro ata o 20 de novembro de 2022.

Os clientes poderán descargar os bonos desde o 24 de outubro ata o 31 de decembro para beneficiarse dos descontos. Estableceranse tres tramos de gasto nos que se aplicarán os descontos. Para compras entre 20 e 29 euros descontaranse 5 euros; entre 30 e 49 euros o desconto será de 10 euros; e para compras iguais ou superiores a 50 euros o desconto será de 15 euros.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis