A Xunta abre a inscrición dos comercios na campaña Bonos Activa Comercio

master1305/ freepik.es

A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos clientes vales desconto de 30 euros para fomentar o consumo no comercio de proximidade. En compras iguais ou superiores a 30 euros, o cliente recibirá un desconto de 5 euros que se duplicará no caso de compras iguais ou superiores a 50 euros, ata esgotar o crédito de 30 euros. Estas rebaixas realizaranse a través dunha App que o comerciante deberá descargar no móbil ou tablet que empregue no seu establecemento.

Os comercios que desexen anotarse para formar parte da campaña e para que os bonos de desconto poidan aplicarse nos seus negocios teñen que darse de alta na páxina web www.bonosactivacomercio.gal e cubrir o formulario de rexistro. O prazo para adherirse ao programa estará aberto dende o 15 de abril ata o 15 de maio.

Os clientes, que previamente terán que inscribirse no programa, poderán descargar os bonos a partir do 3 de maio e terán unha vixencia de tres meses. Os comercios rexistrados recibirán dípticos explicativos e unha pegatina identificativa para que os clientes saiban que están adheridos á campaña, aínda que a propia APP do programa permitirá aos clientes xeolocalizar os negocios.

Para que a iniciativa sexa un éxito é necesaria a alta dos comercios e tamén a dos clientes, polo que é fundamental que dende os negocios se anime aos compradores a darse de alta na APP para que se beneficien dos descontos. Polo momento só está aberto o prazo de inscrición para os negocios e proximamente abrirase para os clientes.

A campaña ten un orzamento de 10 millóns de euros e a Xunta prevé a súa ampliación no caso de que sexa preciso. Cada establecemento só poderá canxear ata un máximo de 5.000 euros en vales.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA “DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO” SORTEA 20000 EUROS EN PREMIOS NA SÚA EDICIÓN DE VERÁN

10/06/2024

A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de pro...


leer máis


A XUNTA PON EN MARCHA A CAMPAÑA BONO ACTIVA COMERCIO A PARTIR DO 26 DE ABRIL

24/04/2024

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Act...


leer máis


A EDICIÓN DE VERÁN DA CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO SORTEA 12000 EUROS EN PREMIOS

01/06/2023

Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...


leer máis


A XUNTA ACTIVA OS PROGRAMAS DE AXUDAS A MICROEMPRESAS E HOSTALERÍA

30/11/2020

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...


leer máis