A Xunta declara O Pasatempo Ben de Interese Cultural

Vista parcial do Parque do Pasatempo. Imaxe de Arquivo. FOTO ARUME

O Consello da Xunta declarou onte o Parque do Pasatempo como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de xardín histórico, poñendo fin a un expediente que se inciara en marzo de 2018. A zona de protección abrangue a parte superior do parque e inclúe tamén a Estatua da Caridade e a Fonte das Catro Estacións, que se atopan fóra do recinto.

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta redactará un proxecto integral de rehabilitación que se presentará á convocatoria do 1,5% cultural para a conservación de bens inmobles do patrimonio histórico español. O titular de Cultura explicou que a parte restante do financiamento “abordarase ao 50% entre a Xunta e o Concello”, dixo.

Polo momento non se avanzaron cifras para a súa rehabilitación xa que cómpre ter primeiro o proxecto integral, aínda que o titular de Cultura recoñeceu que será un custe elevado dada a singularidade da construcción e o seu estado de deterioro.

Con todo, mentres se agarda pola redacción do proxecto, manterase o plan de recuperación do Estanque do Retiro presentado recentemente, que conta co financiamento da Deputación da Coruña e do Concello de Betanzos e co visto bo dos técnicos de Patrimonio. “Esta primeira fase realizarase igualmente xa que conta coa aprobación de Patrimonio e ten carácter urxente”, dixo a alcaldesa, María Barral, quen mostrou a súa satisfacción pola declaración BIC: “hoxe é un día grande para Betanzos”, expresou.

Román Rodríguez destacou que “estamos ante un elemento patrimonial simbólico e coñecido en toda Galicia e a responsabilidade sobre a súa restauración debe abordarse conxuntamente”, dixo.

O titular de Cultura visitou onte a cidade, acompañado do Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, da alcaldesa de Betanzos, María Barral, e de varios concelleiros.

A parte alta do parque está pechada ao público dende que se produciran desprendementos no Estanque do Retiro hai máis dun ano. Non se permite o acceso aos visitantes “por razóns de seguridade, tanto polas persoas como polos propios elementos do parque”, explicou María Barral.

Previsiblemente a zona histórica do Pasatempo permanecerá co acceso restrinxido durante tempo, entre que se elabora o proxecto de restauración, se segue o procedemento establecido e se realizan as obras.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis