A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de pro...
A Xunta pon en marcha a campaña Bono Activa Comercio a partir do 26 de abril
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Activa Comercio para incentivar o consumo nos establecementos comerciais de proximidade.
A iniciativa permitirá que cada cliente dispoña dun bono de 30 euros que poderá ir descontando ao realizar as súas compras nos comercios adheridos á campaña, que se identificarán mediante un distintivo.
Os establecementos comerciais que desexen sumarse á proposta deberán adherirse a través deste enlace. O prazo de adhesión estará aberto ata o 1 de setembro de 2024.
Os clientes poderán descargar os bonos desde o 26 de abril ata o 15 de setembro, ou ata que se esgote o crédito de 2,5 millóns de euros, para beneficiarse dos descontos.
Estableceranse tres tramos de gasto nos que se aplicarán os descontos. Para compras entre 20 e 30 euros descontaranse 5 euros; entre 30 e 50 euros o desconto será de 10 euros; e para compras iguais ou superiores a 50 euros o desconto será de 15 euros.
Os bonos deixarán de funcionar no momento no que o importe total dos descontos realizados acade os 2,5 millóns de euros que a Xunta aporta para esta iniciativa. A partir dese momento, os bonos xa descargados non poderán utilizarse aínda que teñan saldo pendente.
Tanto os comerciantes como os clientes poden completar a información neste enlace.
Novas relacionadas
01/06/2023
Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...
14/04/2021
A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...
30/11/2020
A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...