Lamprea San Andrés

Receita cedida por Restaurante San Andrés

Ingredientes:

-Unha lamprea

-Unha cabeza de allos

-6 cebolas grandes

-Miga de pan (300gms)

-Litro e medio de viño tinto

-Apio

-Pementa negra

-Sal

-Aceite de oliva virxe extra

Elaboración:

-Cando chega a lamprea viva, métese nunha pota alta con auga moi quente uns 8 minutos aproximadamente.

-Sácase e cun coitelo de punta moi fina quitamos con coidado todo o limo, a pel debe quedar brillante e limpa.

-Faise un corte profundo na cuarta ventosa de lado a lado para que, boca abaixo, poidamos extraer o seu sangue, imprescindible para a súa salsa.

-Despois desbotamos a cabeza cortando por debaixo desa cuarta ventosa. Tamén desechamos a parte máis fina da súa cola.

-Abrimos de arriba abaixo a lamprea só pola parte da barriga para así poder eliminar a tripa central.

-Facemos pedazos duns 8 centímetros, reservamos unha noite no frigorífico co seu sangue.

-Preparamos unha salsa coos ingredientes anteriores. Unha vez pochados, engadimos a miga de pan tostada ao forno, o viño quente co seu sangue, e deixamos cociñar a fogo moi lento media hora. Despois trituramos e colamos.

-En moi pouquiño aceite de oliva virxe extra quentamos os pedazos da lamprea só segundos, pasámolos a unha tarteira de barro, engadimos a salsa e deixamos cociñar unha hora a fogo medio.

-Servimos con arroz en branco e pan frito.


Noticia extraída do Nº 355 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis