Os autónomos e microempresas poden solicitar xa as axudas PEL-Reactiva da Deputación

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, no centro, durante a presentación do programa de axudas

O Concello de Betanzos abriu hoxe o prazo para que os autónomos e microempresas afectados pola Covid-19 e que teñan a súa sede social no municipio poidan solicitar as axudas PEL-Reactiva convocadas pola Deputación da Coruña. Trátase dunha nova liña de subvencións, compatible coas axudas municipais e da Xunta de Galicia, destinadas a persoas autónomas ou microempresas afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, e aquelas que visen reducida a súa facturación en máis dun 75% ou que se acolleran a un ERTE como consecuencia da crise sanitaria da Covid-19.

As solicitudes tramitaranse a través da Sede Electrónica do Concello e o prazo remata ás 14.00 horas do 25 de novembro de 2020.

As subvencións varían entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen empregados ao seu cargo, e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos que teñan entre 6 e 9 traballadores.

Os cartos poderán destinarse a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como compra de material de protección, mamparas, produtos hixiénicos e de limpeza, etc. así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.

O programa está cofinanciado entre a Deputación, que aporta o 80% das contías, e os concellos que achegarán o 20% restante.  A Betanzos corresponderanlle algo máis de 305.000 euros, dos cales a Deputación aportará 244.000 e o Concello 61.000.


Novas relacionadas


A EDICIÓN DE VERÁN DA CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO SORTEA 12000 EUROS EN PREMIOS

01/06/2023

Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...


leer máis


A XUNTA ABRE A INSCRICIÓN DOS COMERCIOS NA CAMPAÑA BONOS ACTIVA COMERCIO

14/04/2021

A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...


leer máis


A XUNTA ACTIVA OS PROGRAMAS DE AXUDAS A MICROEMPRESAS E HOSTALERÍA

30/11/2020

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...


leer máis


A XUNTA ABRE HOXE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS A AUTÓNOMOS, QUE SERÁN DE ENTRE 1.200 E 2.000 EUROS

19/11/2020

As persoas traballadoras por conta propia poderán solicitar dende hoxe e ata o próximo 18 de decembro as axudas da Xunta para facer fronte á crise ...


leer máis