Os calendarios solidarios do IES Francisco Aguiar para Noel xa poden mercarse nunha vintena de comercios asociados a ACEBE CCA

Unha vintena de comercios e empresas asociados a ACEBE CCA puxeron xa á venda os calendarios solidarios en favor da causa de Noel, o neno betanceiro que loita contra un tumor cerebral.

A iniciativa foi promovida polo Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar, o instituto no que estuda Noel. O centro convocou un concurso de debuxo entre o alumnado e seleccionáronse doce ilustracións que corresponden a cada mes do ano.

En total imprimíronse un milleiro de calendarios que se venderán a un prezo de 5 euros cada un. Poden mercarse na secretaría do IES Francisco Aguiar, nos comercios asociados a ACEBE CCA que se sumaron á iniciativa e nas oficinas de ACEBE CCA (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas). Os beneficios íntegros destinaranse ao proxecto contra o meduloblastoma promovido pola Fundación Cris Contra el Cáncer.

Os establecementos asociados a ACEBE CCA nos que poden mercarse os calendarios son: Badía Asistencial, Betantur, Casa do Queixo, Complementos Adrezo, Complexo Deportivo O Carregal, Dans, Don Dino, Freesia, Graf, Libraría Biblos, Marán, La pelu de Nana, Libraría Brea, Óptica Betanzos, Óptica Brigantium, Ortopedia Betanzos, Solís Soluciones, Tikismikis, Todo Deporte, Xoma Kids, Pan Betanzos e Cafetería las Cuevas.

Participaron no certame máis de corenta alumnos e alumnas. Os debuxos escollidos para ilustrar o calendario son obra de Judith Otero Villar, Inés López Rúa, María Lata Cagiao, Claudia Pérez Amor, Sara Sánchez Negoita, Matilda Silva Sánchez, Alba Vázquez Velo, Pablo Gilsanz Pérez, Lía Janeiro de la Fuente, Inés Fraga Castro, Andrea Segade Martínez e Nuria Beiro Doldán.


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis