Os premiados da campaña de verán de ACEBE CCA xa poden recoller os seus regalos

Imaxe do sorteo ante notario dos premios da campaña / ARUME

A sede de ACEBE CCA acolleu o 4 de xullo o sorteo dos 32 premios da súa campaña de verán "Betanzos énchese de soles", ante o notario Óscar López Doval e coa presenza da presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez, da vicepresidenta, Claudia Marques, e da secretaria, Eva García.

As persoas que resultaran gañadoras dalgún dos 32 regalos que se sortearon terán ata as 14.00 horas do 22 de xullo para contactar coa asociación, no teléfono 981 774 574, ou de forma presencial nas oficinas situadas na Praza Mestre José Dapena número 1, e presentar o resgardo da cartilla para recibir o seu agasallo. O horario de atención ao público das oficinas é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Pode consultar aquí a listaxe de números e premios.

Os regalos foron mercados pola asociación en 32 negocios asociados e están valorados en 1.200 euros. Os establecementos socios de ACEBE CCA repartiron durante a campaña 11.200 cartillas que os clientes tiñan que encher con pegatinas de soles e depositalas en calquera dos negocios asociados ou na sede da asociación, quedándose co resgardo para poder reclamar o seu premio.

A campaña de verán organizada por ACEBE CCA é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis