A Asociación de Enfermedades Neuromusculares (ASEM) Galicia asinou un convenio de colaboración co centro Equinosens no que se aplican terapias con c...
Os socios de ACEBE CCA e os empregados dos establecementos asociados terán descontos na contratación de seguros de Catalana Occidente
A presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, e a axente de Catalana Occidente, Susana Pérez Aguiar durante a sinatura do convenio / FOTO ARUME
Os establecementos asociados a ACEBE CCA e os empregados dos negocios que forman parte da entidade terán acceso a descontos de entre un 10% e un 30% na contratación de seguros na oficina de Betanzos de Catalana Occidente atendida pola axente Susana Pérez Aguiar na Praza de Galicia, número 3, 1º de Betanzos. Os descontos varían en función do tipo de produto que se contrate, do perfil do tomador e da súa vinculación con Seguros Catalana Occidente.
Así se establece no convenio asinado o 27 de outubro entre a presidenta da asociación, Antonia Anido Díaz, e a axente de Catalana Occidente Susana Pérez Aguiar. O acordo terá unha duración de un ano prorrogable.
Poden consultar todos os acordos que ACEBE CCA ten asinados con empresas asociadas e con outras entidades neste enlace.
Novas relacionadas
18/09/2019
O grupo Tábora, do que forma parte Óptica Betanzos, asinou un convenio de prestación de servizos coa Asociación Galega de Enfermidades Neuromuscul...
01/08/2019
A Farmacia do Dr. Couceiro recibiu a medalla de prata de Betanzos en recoñecemento aos seus tres séculos de historia. A alcaldesa, María Barral, fi...
04/07/2019
Manuel Pedreira, titular da Asesoría Apebe, en Betanzos, foi o encargado de abrir o ciclo de charlas formativas que organiza ACEBE CCA en colaboraci...