A Asociación de Enfermedades Neuromusculares (ASEM) Galicia asinou un convenio de colaboración co centro Equinosens no que se aplican terapias con c...
Manuel Pedreira abre o ciclo de charlas que organiza ACEBE CCA coas súas asesorías asociadas
Manuel Pedreira ao inicio da súa charla
Manuel Pedreira, titular da Asesoría Apebe, en Betanzos, foi o encargado de abrir o ciclo de charlas formativas que organiza ACEBE CCA en colaboración coas súas asesorías asociadas. A conferencia, titulada “A xornada de traballo. Comentarios ao criterio técnico 101/2019 sobre actuación da inspección de traballo e seguridade social en materia de rexistro de xornada” celebrouse o xoves 4 de xullo ás 21.00 horas no Salón Azul do Edificio Liceo.
Trala conferencia, na que afondou na nova lexislación sobre o rexistro da xornada laboral e a actuación da inspección de traballo e seguridade social, abriuse unha quenda de preguntas na que Manuel Pedreira resolveu as dúbidas e consultas que lle formularon as persoas asistentes.
O ponente, Manuel Pedreira, é Graduado Social, Procurador e profesor do Master de Xurisdicción Social da ERLAC.
A esta charla seguirán outras nas que se abordarán cuestións de interese para o sector empresarial e que, ao igual que ésta, serán de entrada libre para o público en xeral.
Novas relacionadas
18/09/2019
O grupo Tábora, do que forma parte Óptica Betanzos, asinou un convenio de prestación de servizos coa Asociación Galega de Enfermidades Neuromuscul...
01/08/2019
A Farmacia do Dr. Couceiro recibiu a medalla de prata de Betanzos en recoñecemento aos seus tres séculos de historia. A alcaldesa, María Barral, fi...
21/05/2019
En 1916 Constantino Rábade abriu a docería que na actualidade xestiona a súa neta Carmen onde traballan outras dúas persoas da familia que elabora...