A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
María Barral crea tres novas concellerías para dar un maior impulso ao casco histórico e ao medio rural
A nova Corporación Municipal de Betanzos está formada por dez edís do PSOE, seis do PP e un do BNG / FOTO ARUME
María Barral presidirá o Concello de Betanzos nunha Corporación na que o PSOE ten maioría absoluta con dez concelleiros.
Na oposición, o PP, encabezado por Cecilia Vázquez Suárez, conserva os seis edís que xa tiña no anterior mandato aínda que incorpora varios concelleiros novos na súa formación, e o BNG mantense con un concelleiro, Henrique del Río Otero.
No Pleno de investidura, María Barral, emocionada, lembrou o momento en que accedera á alcaldía trala marcha de Ramón García e subliñou: "hoxe é un día moi, moi especial porque accedo á alcaldía de Betanzos despois dun proceso electoral no que os betanceiros e betanceiras nos deron un respaldo maioritario e contundente", dixo. O seu primeiro agradecemento foi, precisamente, para os votantes polo seu "apoio e confianza".
A alcaldesa subliñou a vontade de diálogo do seu goberno "para a busca de consenso nos temas transcendentais para Betanzos", dixo. Retomar proxectos iniciados, emprender novas iniciativas e fortalecer o papel de Betanzos como cabeceira de comarca así como seguir a traballar na recuperación do patrimonio, co casco histórico e o Pasatempo como principais prioridades, o Plan Xeral, conseguir o Centro de Día e o Centro de Información á Muller son os eixos sobre os que xirará o mandato. Sen esquecer a Cultura, o Deporte e a celebración do 800 aniverario, tal e como destacou no seu discurso.
Reparto de concellerías
Na composición do novo grupo de goberno haberá caras novas e incorporaranse tamén concellerías de nova creación como a de Dinamización de Casco Histórico, Medio Rural e Mobilidade.
María Barral manterá as competencias en Servizos Sociais, ademais da alcaldía. Diego Fernández López será primeiro tenente de alcalde e responsable de Economía e Facenda; Obras públicas e Servizos, Protección Civil e Persoal.
Andrés Hermida, segundo tenente de alcalde, levará Educación, Deportes, Urbanismo, e Casco Histórico e Patrimonio. María de los Ángeles Veiga López será a terceira tenente de alcalde e será a delegada de Comercio, Hostalaría e Industria, Protocolo e Festas. A cuarta tenente de alcalde será María Jesús Regueiro Sánchez, que se ocupará de Promocíon Económica, Formación e Emprego e Dinamización do Casco Histórico. A quinta tenencia de alcaldía será para Ana Belén Veiga Pita que levará Cultura e Normalización Lingüística.
Mónica Carneiro Cid asumirá as competencias en Feiras e Mercados; nomenclátor; Honras e distincións; Eventos e dinamización asociativa. José Luis Lagares Crespo ocuparase de Medio Ambiente, Eficiencia Enerxética, Transportes e Medio Rural. Pablo Beade Pérez levará as áreas de Mobilidade, Turismo, Tráfico e Seguridade. Andrés Pandelo Torres, o integrante máis novo do grupo de goberno, ocuparase de Mocidade, Novas Tecnoloxías, Transparencia e Información Cidadá.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...