A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
María Barral presenta en Fitur novas ferramentas de promoción da cidade
A alcaldesa, María Barral, no stand de Betanzos en Fitur
Betanzos presentou no stand de TurEspaña en Fitur dous novos vídeos promocionais, un mapa ilustrado do casco histórico e a nova guía de turismo, ferramentas que o Concello empregará para a promoción da cidade e que se estrearon na Feria Internacional de Turismo que se celebra en Madrid ata o vindeiro 26 de xaneiro.
Betanzos acude con stand propio a Fitur e a delegación betanceira desprazada a Madrid participou en diferentes eventos e presentacións. A alcaldesa explicou que tivo ocasión de conversar sobre Betanzos coa Ministra de Turismo, Reyes Maroto, coa que agarda poder manter unha xuntanza próximamente.
A tortilla de Betanzos
Un dos vídeos presentado resalta os aspectos máis salientables da historia, da cultura, das festas e da gastronomía da cidade con imaxes do casco histórico, alusións aos Irmáns García Naveira e ao seu legado ou ao entorno natural, co Mandeo, o Mendo e a ría como protagonistas. Tampouco faltan as referencias gastronómicas centradas especialmente no Viño da Terra de Betanzos e na tortilla.
O Concello apostou pola tortilla como atractivo para promocionar Betanzos como destino turístico gastronómico. Tras anunciar a próxima creación dun selo de garantía para o prato estrela da gastronomía local, María Barral presentou un vídeo no que Pepa Miranda, gañadora de cinco edicións da Semana da Tortilla de Betanzos, elabora paso a paso unha tortilla.
Ademais, presentouse a nova guía de turismo que recolle en 80 páxinas ilustradas con fotografías os rincóns máis emblemáticos da cidade, as festas, a cultura, o entorno natural, a riqueza gastronómica, etc.
Outra novidade que se deu a coñecer en Fitur foi un mapa ilustrado do casco histórico que se vai repartir na oficina de turismo. A alcaldesa explicou que o mapa inclúe fotografías dos edificios máis destacados da zona histórica de Betanzos: “non é o típico mapa turístico informativo, senón que faremos un mapa dando protagonismo ao noso casco”, dixo María Barral.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...