Unha trintena de negocios asociados celebra o Samaín con doces sorpresas

Un total de 26 negocios de diferentes sectores asociados a ACEBE CCA celebrará o Samaín agasallando con doces e golosinas aos nenos e nenas que acudan disfrazados aos seus locais na tarde do 31 de outubro. Dende a praza dos Irmáns García Naveira ata o barrio da Condesa, pasando polas calexas e polas céntricas Rúa do Rollo, Rosalía de Castro, Doctor José Fariña e Avenida García Naveira atoparás comercios, locais de hostalería, establecementos de estética, ópticas e outros negocios nos que xogar ao “truco ou trato”.

Os nenos e nenas poderán recoller os doces e golosinas nos seguintes establecementos: Café Europa, Colors, Comercial Veiga, Cuore, Dans, Don Dino, El Cantón Ropa Interior, Fontela 2000, Gadis, La Travesía, Larpeiradas Babel, Manuela Ferreira, Maskesueños, Moita Miga, On Training, Óptica Tábora, Óptica Brigantium, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Piccola, Puntadas con amor, Supermercado Bonome, SV Estética, Tocho Comercial, Todo Deporte, Un mundo de Fruta e Xoma Kids.

Dende a directiva de ACEBE CCA agradecen a alta participación nesta iniciativa, organizada pola asociación e animan a visitar os negocios inscritos para levar unha doce sorpresa. A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos e conta coa colaboración de Gadis.


Novas relacionadas


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis