A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
O Concello pon en marcha unha campaña para incentivar o consumo local con 6.000 euros en tarxetas regalo
A alcaldesa, María Barral, amosa o cartaz da campaña "Merca, tan cerca"
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleiro na que se repartirán 6.000 euros en tarxetas regalo entre os clientes que consuman en Betanzos. Por cada 10 euros de compra que se realicen nos negocios inscritos entre o 9 de decembro e o 5 de xaneiro, os clientes recibirán un boleto para participar no sorteo, que se efectuará a principios de xaneiro. Haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros e cinco de 100 euros, ademais doutros 150 de 30 euros. A iniciativa completarase con outros sorteos a través de medios de comunicación e de redes sociais de tarxetas moedeiro de 50 euros.
As empresas, comercios e locais de hostalaría que desexen participar na campaña deberán inscribirse neste enlace antes do 4 de decembro. Os establecementos adheridos disporán dun distintivo para que os clientes identifiquen aqueles negocios nos que poden optar aos premios e onde poden, posteriormente, gastar o importe das tarxetas.
Na acción promocional poderán participar todos aqueles profesionais que teñan a súa actividade en Betanzos, desde profesionais do taxi a panaderías, clínicas, xestorías, comercio, hostalería, etc.
As persoas que resulten agraciadas con algún dos premios que se sortean terán ata o 28 de febreiro de 2021 para gastar as súas tarxetas en calquera dos establecementos participantes na campaña. Así, a iniciativa busca non só potenciar o consumo na época de Nadal senón tamén na de rebaixas.
A alcaldesa, María Barral, e a concelleira de Comercio, Ángeles Veiga, presentaron a campaña coa que “desde o Concello queremos seguir axudando ao tecido comercial, hostaleiro e, en xeral aos profesionais de Betanzos nun momento difícil e complicado para a nosa economía como consecuencia da Covid”, explicaron.
A campaña complementa os programas Reactiva Betanzos e PEL Reactiva, impulsados pola administración local e pola Deputación, para as que se destinan cerca de 400.000 euros para persoas autónomas e empresas que se viran afectadas pola pandemia.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...