A Campaña "Días Azuis do comercio galego" sorteará na súa edición de verán 20000 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de pro...
MercaNaVila da Deputación ofrece descontos de ata 100 euros no comercio de proximidade

A Deputación de A Coruña, en colaboración coa Federación Galega de Comercio impulsa por segundo ano o programa MercaNaVila co obxectivo de apoiar o comercio de proximidade e para o que nesta edición se destinan 5 millóns de euros.
Trátase dun programa de incentivos ao consumo mediante o que as persoas maiores de 18 anos disporán de descontos acumulables para aplicar nas compras que realicen nos comercios adheridos.
Os clientes poden descargar os bonos de desconto entre o 20 de outubro e o 20 de novembro na páxina web: mercanavila.gal, onde tamén poderán consultar os negocios adheridos, nos que poderán aplicar os bonos. En total poderán descontar das súas compras un máximo de 100 euros. Por compras de entre 20 e 29,99 euros descontaranse 10 euros; entre 30 e 49,99 o desconto será de 20 euros; e para compras iguais ou superiores a 50 euros aplicarase un desconto de 30 euros.
Os bonos poderán utilizarse por calquera persoa, independentemente do seu concello de residencia, sempre que realice a compra nun dos establecementos adheridos situados nos municipios participantes. Terán validez durante o período de vixencia da campaña ou ata que se esgote o orzamento asignado de 5 millóns de euros.
A nova convocatoria de MercaNaVila chega despois do éxito da primeira edición, celebrada en 2025, cando se descargaron máis de 93.000 bonos, realizáronse máis de 293.000 operacións comerciais e participaron 1.080 establecementos, mobilizando máis de 16 millóns de euros en vendas no comercio local, tal e como explicaron dende a Deputación.
Novas relacionadas
24/04/2024
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coas Asociacións Provinciais, acaba de poñer en marcha a campaña Bono Act...
01/06/2023
Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...
14/04/2021
A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...

