Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Pescada en salsa de pementos de piquillo
Receita cedida por Ternera Grill
Ingredientes:
Para 4 persoas
8 toros de pescada
200 ml de tomate frito
1 folla de loureiro
1 cebola
Aceite de oliva
Sal e pementa
Perexil ao gusto
1 bote de pementos de piquillo
8 patacas medianas
3 dentes de allo
500 ml de fumé
Elaboración:
1-Nunha tixola poñemos a lume medio a cebola e os allos, previamente picados, cun chorriño de aceite de oliva. Salpimentamos.
2-Cando estea pochado agregamos o bote de pemento de piquillo e deixamos 2 minutos. Retiramos do lume e triturámolo.
3-Despois colocámolo nunha pota coa folla de loureiro, o perexil, o fumé e o tomate frito. Deixamos que se integren os sabores durante uns 3 minutos.
4-Neste punto agregamos as patacas previamente cocidas e peladas, e a pescada. Corriximos o sal se fose necesario.
5-Tapámolo e deixamos durante uns tres minutos máis ou ata que a merluza se cociñe.
6-Retiramos do lume e servimos
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...
04/02/2021
Receita cedida por Restaurante Cho Ingredientes -300 g de bacallu desalado -80 g de calabacín -30 g de gulas -1 dente de allo -2 la...