Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Mousse de chocolate
Receita cedida por Mesón Avenida
Ingredientes:
175 g de chocolate fondant
4 ovos
60 g de azucre
30 g de manteiga
1 pizca de sal
Elaboración:
1.-Separamos as xemas das claras e reservamos no frigorífico.
2.-Poñemos o chocolate ao baño maría e deixamos que se funda, engadimos o azucre e mesturamos ben.
3.-Sacamos o cazo que contén o chocolate fóra do calor e engadimos a manteiga ou margarina, mesturamos e agregamos as xemas de ovo, de unha en unha, e mesturamos ben cunhas varillas.
4.-Volvemos a poñer ao baño maría e deixamos un par de minutos máis removendo cunhas varillas todo o tempo. Quitamos do lume e reservamos.
5.-Montamos as claras a punto de neve cunha pizca de sal e engadímoslle o chocolate, farémolo pouco a pouco y mesturando ambas cousas con suavidade.
6.-Dispoñemos sobre os vasiños ou cuencos e gardamos no frigorífico polo menos un par de horas. Podemos preparar este postre cun día de antelación.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...