As nosas croquetas de xamón cremosas

Receita cedida por Mesón Avenida

Ingredientes:

-150 g. de xamón ou chacina picada.

-70 g. de manteiga

-80 g. de fariña

-600 ml. de leite

-sal, pementa negra moída, noz moscada relada.

Para o rebozado: ovos e pan relado

Elaboración:

1.-Nun pouco de leite frío disolver a fariña, reservar.

2.-Poñer a quentar o resto do leite coa manteiga.

3.-Cando a manteiga e o leite estean quentes engadir o xamón relado e a fariña disolta, remexer ata que espese a bechamel.

4.-Rectificar de sal, engadir a pementa e a noz moscada

5.-Deixar arrefriar a bechamel e logo deixala repousar na neveira ata que estea ben fría.

6.-Para envolvelas: darlles forma, coa man ou con dúas culleres, pasar por pan relado, ovo batido e pan relado por segunda vez.

7.-Fritir en abundante aceite moi quente.


Noticia extraída do Nº 322 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


PISTO DE VERDURAS

31/10/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...


leer máis


TARTA DE ARÁNDANOS

25/09/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...


leer máis


PESCADA EN SALSA DE PEMENTOS DE PIQUILLO

01/05/2021

Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...


leer máis


CROQUETAS VEXETARIANAS

26/03/2021

Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...


leer máis