Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
Pisto de verduras
Receita cedida por Ternera Grill
Ingredientes (para 2 persoas):
4 tomates pelados.
1 pemento verde.
1 pemento vermello.
1 berenxena.
1 calabacín.
1 cebola.
2 dentes de allo triturados.
Sal.
Perexil.
Aceite de oliva.
Elaboración:
Grao de dificultade: 0. Tempo de elaboración: 1 hora.
1.-Cortamos en dadiños pequenos todos os ingredientes.
2.-Nunha tixola fonda agregamos un chorro xeneroso de aceite de oliva e sofreímos a cebola e os allos a lume medio baixo e agregamos un toque de sal.
3.-Deixamos cociñar ata que a cebola estea cristalina. Neste punto agregamos os pementos, o calabacín e a berenxena. Cando estean suaves agregamos os tomates con todo o seu zume e o perexil. Correximos de sal.
4.-Tapamos e deixamos cociñar por media hora ou ata que o zume dos tomates se consuma, e temos un delicioso pisto de verduras.
Eu acompañeino con pasta. Un plato san e nutritivo.
Novas relacionadas
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...
04/02/2021
Receita cedida por Restaurante Cho Ingredientes -300 g de bacallu desalado -80 g de calabacín -30 g de gulas -1 dente de allo -2 la...