ACEBE

ACEBE CCA Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto

Que é a ACEBE CCA?

ACEBE CCA é a asociación dos comerciantes e empresarios de Betanzos, unha organización sectorial con máis de corenta anos de historia e integrada na rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia.

O concello de Betanzos é a base de actuación de ACEBE CCA, aínda que o seu mercado de influencia se estende por toda a comarca das Mariñas, abranguendo ata 10 concellos, nunha área xeográfica determinada pola proximidade das localidades limítrofes, a oferta de comercio, a difusión do xornal Betanzos e a súa comarca e, en xeral, polas accións comunicacionais efectuadas dende a asociación.

A Asociación ofrece aos seus membros diversos servizos e vantaxes cara á súa promoción, formación e mellor comunicación. Ademais, esta unión comercial e empresarial permite ofrecerlle aos usuarios diversas promocións nos produtos e servizos que atoparán nos establecementos asociados.