Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Rape á Cedeiresa
Receita cedida por Restaurante Cho
Ingredientes
1 cola de rape cortada en toros
150 grs de ameixas
8 lagostinos
1 cebola
1 pemento vermello
1 vaso de salsa de tomate
1 bote de guisantes
2 dentes de allo
1 vasiño de viño branco
Loureiro
Azafrán ou condimento
Aceite de oliva
Sal
Fariña
Ovos
Elaboración
-Pelar e picar a cebola e o pemento. Poñelo todo nunha cazola cun pouco de aceite de oliva, deixar que vaia pochando.
-Cando estea un pouco doradiña, engadir o allo e ao minuto a salsa de tomate e unha folla de Loureiro.
-Deixar a lume medio uns minutos e despois botar os guisantes, o viño branco e un pouco de condimento.
-Rebozar o rape en fariña e ovo e fritilo en aceite por ambos os dous lados
-Engadirllo á salsa, tapar a cazola e deixar cocer a lume lento uns quince ou vinte minutos.
-No último momento engadir as ameixas e os lagostinos. Apagar o lume e servir quente cunha base de patacas fritidas cortadas en láminas moi finas ou de arroz branco e… a desfrutar!!!
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...