Comeza a Campaña de Nadal de ACEBE CCA que sortea 1.500 euros e máis de 7.000 agasallos

A Campaña de Nadal de ACEBE CCA comeza hoxe e desenvolverase ata o 5 de xaneiro. Baixo o lema "Este Nadal máis agasallos que nunca", os clientes dos comercios e empresas asociadas poderán gañar de forma directa ata 1.500 euros en tarxetas regalo e máis de 7.000 agasallos.

En lugar do tradicional sorteo, nesta ocasión, a asociación optou pola fórmula do "Rasca" que permite obter os premios de maneira directa. Haberá en circulación 36.000 papeletas que os establecementos asociados a ACEBE CCA entregarán aos seus clientes polas compras realizadas entre o 16 de decembro e o 5 de xaneiro, ou ata esgotar existencias. Cada comerciante poderá decidir libremente o importe mínimo de compra para entregar os boletos.

A “Casiña do Nadal”

A través do "Rasca do Nadal" ACEBE CCA repartirá 30 Acebecheques de 50 euros cada un, que suman 1.500 euros, e que deberán gastarse nos comercios e empresas asociadas á entidade.

Os clientes que obteñan un Acebecheque terán que contactar coas oficinas de ACEBE CCA antes do 5 de xaneiro de 2021 a través do teléfono 981774574 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas para reclamar o seu premio.

O persoal da oficina ocuparase de xestionar a entrega do cheque xunto cun listado de comercios e empresas nos que poderá gastar o seu premio.

Ademais, haberá outras 7.147 tarxetas premiadas con diferentes agasallos pensados para os máis pequenos: libros, comics, bonecos Superthings e Mojipop, bonecos e xogos de Carrera e de Playmobil, puzzles, xogos de mesa, peluches, Funkos e material promocional de ACEBE CCA.

Se un cliente atopa un boleto premiado con algún destes agasallos poderá recoller o seu premio na "Casiña do Nadal" que a Asociación instalará na Praza dos Irmáns García Naveira entre os días 23 de decembro e 5 de xaneiro. O horario de apertura da "Casiña do Nadal" será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, agás o día 1 de xaneiro en que estará pechada.

Ademais, os máis pequenos poderán achegarse tamén á "Casiña do Nadal" para depositar as súas cartas aos Reis Magos no buzón Real que ACEBE CCA instalará con esta finalidade. Na recollida de premios na "Casiña do Nadal" deberán respectarse todas as normas sanitarias de prevención da Covid-19: uso de máscara, distancia social e hixiene de mans.

A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Betanzos e co patrocinio de Gadis.

As bases completas da promoción poden consultarse aquí.

Novas relacionadas


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis


ACEBE CCA ACTIVA O SERVIZO DE ENVÍOS GRATUÍTOS PARA AS VENDAS EN LIÑA

26/02/2026

ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subv...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN MERCABETANZOS NO EDIFICIO LICEO NA FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO E 1 DE MARZO

10/02/2026

A fin de semana do 28 de febreiro e o 1 de marzo volverán os descontos de MercaBetanzos á planta alta do Edificio Liceo. O mercado de oportunidad...


leer máis


ACEBE CCA SORTEA UN PREMIO DE 100 EUROS NA CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN

14/01/2026

A Campaña de San Valentín de ACEBE CCA sorteará un premio de 100 euros en acebecheques entre as persoas que resposten un cuestionario ao que se pod...


leer máis