Receita cedida por Restaurante Ternera Grill Ingredientes: Para 8 personas -500 gr. de tallarines. -150 gr. de anillas de calamar. -150...
Roll de Repolo de Betanzos con Mousse de Cocido Galego e Bechamel de Pementón Ecolóxico de Orballo
Receita elaborada no Forum Gastronómico de Barcelona 2019 por A Artesa da Moza Crecha
Ingredientes:
Para a mousse de cocido:
-1 tira de costela de porco fresca.
-500 gr. de agulla de porco.
-200 gr. de panceta fresca.
-1 chourizo doce para cocer.
-1 morcilla para cocer.
-1 contramuslo de polo de corral.
-Un pouco de unto de porco Celta.
Para a bechamel:
-1 l. de leite.
-50 gr. de mantequilla.
-30 gr de fariña de arroz.
-Pementa Orballo.
-Nuez Moscada Orballo.
-Pementón Orballo.
-Sal.
Para o Roll:
-1 Repolo de Betanzos.
Elaboración
1.-Poñemos a cocer a fogo lento 2 horas a costela, a agulla, a panceta, o chourizo, a morcilla e o contramuslo nunha pota todo cuberto de auga cunha noz de unto.
2.-Desfollamos o repolo e noutra olla quentemos auga. No momento que ferva introducimos as follas e escaldámolas 7 minutos. Cortamos a cocción introducindo as follas nun bol de auga fría con xeo e reservamos.
3.-Derretemos nunha pota a mantequilla, tostamos un pouco a fariña e imos agregando o leite. A media cocción engadímoslle as especias ata conseguir unha textura fina para salsear.
4.-Para elaborar a mousse de cocido desmigamos todo, retiramos os osos e a piel do polo. Unha vez frío ou tépedo, levámolo á batedora cun pouco de caldo de cocción, e trituramos buscando unha textura consistente para recheo.
5.-Collemos unha culler sopeira nunha man e na outra sostemos a folla de repolo, botamos a mousse e a bechamel e envolvémola.
6.-Prequentamos o forno a 180º e introducimos os roliños 5 minutos.
7.-Empratamos un roliño por persoa e listo para comer.
Novas relacionadas
09/07/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 8 personas: -Quilo e medio de bonito, libre de pel e espiña -1 quilo de patacas...
25/06/2020
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes para 4 persoas: 1 kg 200 g de bacallau salgado e desalgado por nós 1 kg. de mazá Ka...
28/05/2020
Receita cedida por Restaurante Casanova (Betanzos) Ingredientes: -Lombo de atún vermello -Brotes tenros -Ajonjolí bicolor -boliño de...