Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Steak Tartar
Receita cedida por Restaurante San Andrés
Ingredientes:
- 200 g de solombo de tenreira.
- 1/2 cullerada de ceboleta picada.
- 1/2 cullerada de alcaparras picadiñas.
- 1/2 cullerada de mostaza en gran (á antiga).
- Una cullerada de postre de salsa perrins.
- 7 gotas de tabasco.
- Unha xema de ovo.
- 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra.
- Sal e pementa negra ao gusto.
- Verduriñas de tempada para decorar.
- Rebanadiñas de pan fresco cortado moi fino e tostadas ao forno.
Elaboración:
-Córtase (a coitelo sempre) o solombo en cuadradiños iguais e pequenos.
-Colócase nun bol de aceiro ou cristal previamente frío do frigorífico.
-Agrégase a ceboleta e as alcaparras e revólvese cunha culler tamén fría.
-A parte mestúrase a xema do ovo, sal, pementa, mostaza, salsa perrins e Tabasco. Unha vez todo unido vaise engadindo o aceite pouco a pouco e todo incorpórase á carne, con movementos envolventes.
-Colócase tapado en papel film 4 minutos no frigorífico.
-Mentres, nun prato ou bandexa adornamos con verduriñas, incorporamos o Steak Tartar, e as rebanadas de pan.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...