Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Tarta de arándanos
Receita cedida por Restaurante San Andrés
Ingredientes:
Para 8 porcións
400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira.
Para a base quebrada:
250 g. de fariña
2 xemas de ovo
125 g. de azucre
100 g. de manteiga
una pizca de sal
una copiña de auga tépeda
Para a crema:
3 ovos
4 culleradas de azucre
6 culleradas de leite enteira Cagiao
70 g. de améndoa moída
8 améndoas fileteadas
Elaboración:
Para a base quebrada:
Amasar ben integrando cada ingrediente coas mans, importante que a manteiga estea a temperatura ambiente. Deixar repousar tapada cun pouco de papel film media hora.
Para a crema:
Bátense os ingredientes cunhas varillas, e ao final incorpórase a améndoa moída e a fileteada e mestúrase suavemente.
Estiramos a masa para a base nun molde para tartas, tentando que quede o máis fina posible, cubrindo ben os laterais. Incorporamos os arándanos, despois a crema que realizamos e pintamos con 2 xemas de ovo e un pouquiño de azucre glas.
Ao forno medio sobre uns 45 minutos.
Novas relacionadas
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...
04/02/2021
Receita cedida por Restaurante Cho Ingredientes -300 g de bacallu desalado -80 g de calabacín -30 g de gulas -1 dente de allo -2 la...