Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Tarta de filloas con crema e chocolate
Receita cedida por Restaurante San Andrés
Ingredientes:
-Para as filloas: un litro de caldo de cocer un óso de espiñazo, 9 ovos enteiros, 500 gramos de fariña.
-Para o recheo:
-200 gramos de chocolate ao 85%
-16 xemas de ovo
-600 gramos de azucre
-120 gramos de fariña de millo
-2 litros de leite enteira
-Pel de limón e 2 paus de canela para aromatizar o leite.
Elaboración:
1.-Mesturamos cun batidor manual os ingredientes das filloas e deixamos repousar media hora. Voltamos a mover a mestura e procedemos a facer as filloas. Reservamos.
2.-Derretimos ao baño de María o chocolate.
3.-Quentamos litro e medio de leite aromatizándoo coa pel de limón e a canela.
4.-Mesturamos ben as xemas e o azucre. Unha vez obtida unha crema agregamos a farina de millo e o medio litro de leite frío. Mesturamos moi ben e incorporamos pouco a pouco o lecite caliente sen ferver. Coamos para outro recipiente e poñemos a lume moi suave, removendo cunha culler de madeira ata que espese sen gromos. Incorporamos a metade desta crema ao chocolate derretido. Así teremos as dúas cremas.
5.-Procedemos a montar a tarta:
Unha filloa. Despois unha capa de crema, outra filloa e enriba unha capa de crema de chocolate e así ata rematar cunha capa de chocolate.
Esta tarta debe repousar no frigorífico ata o día seguinte.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...