Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Tarta de laranxa Sanguinelli
Receita cedida por Restaurante San Andrés
Ingredientes:
Masa quebrada doce:
-200 g. de fariña
-100 g de manteiga
-75 g de azucre
-Unha pizca de sal
-Un vaso pequeno de auga morna.
Crema:
-3 ovos enteiros e 2 xemas
-150 g. de azucre
-O zume de 4 laranxas
-2 culleradas de maizena
-Un vasiño de leite enteira Cagiao
Elaboración:
Para a masa quebrada doce:
-Mestúranse os ingredientes pouco a pouco ata formar unha bola de masa, non debe quedar dura. Déixase repousar 45 minutos e estírase para forrar un molde.
Para a crema:
-Bátense en frío todos os ingredientes e despois espésase a lume moi suave sen parar de remover ata que adquire consistencia de crema pasteleira suave, retírase e déixase templar.
-Pélanse 8 ou 10 laranjas Sanguínelli quitando ben a piel branca para que non amarguen, sepáranse en láminas non moi finas.
-Dispoñemos a crema lixeira sobre a masa quebrada e enriba desta as laranxas.
-Forno medio durante 45 minutos.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...