ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
Remata a campaña de envíos gratuítos para vendas en liña na que se inscribiron 20 comercios

O vindeiro 30 de setembro finaliza a campaña de envíos gratuítos para as vendas en liña que ACEBE CCA puxo en marcha en abril deste ano e da que se beneficiaron unha vintena de establecementos asociados.
Esta prestación, exclusiva para comercios, permitiu que os negocios inscritos puidesen realizar envíos de balde das vendas realizadas a través das súas páxinas web ou das redes sociais. Os comerciantes que participaron na iniciativa valoraron a campaña e subliñaron a vantaxe competitiva no comercio en liña que lles aportou este servizo ao non ter que asumir o custe do envío nin o empresario nin os clientes.
Ata o 31 de agosto realizáronse un total de 246 envíos a través desta campaña e a directiva de ACEBE CCA estima que ata a data de finalización poderá chegar aos 280.
O servizo estivo subvencionado pola Xunta de Galicia a través das Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
A directiva de ACEBE CCA manifestou o seu interese en retomar o vindeiro ano esta proposta no caso de que se convoque unha nova subvención para esta finalidade.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

