Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Tosta de salmón e laranxa
Receita cedida por Restaurante Cho
Ingredientes:
-2 laranxas cortadas a láminas e sen nada branco.
-Salmón afumado ou marinado.
-Noces e améndoas
-Aceite de oliva
-Vinagre
-1 chorriño de brandy
-Pan
Elaboración:
1.-Pelamos unha laranxa e laminamos en liscos finas. É moi importante que non leve nada da pel branca que recobre a laranxa, pois quedaríanos amarga. Reservamos.
2.-Deixamos preparados os liscos de salmón para a montaxe final.
Preparación do prebe agridoce de laranxa:
1.-Exprimimos a metade dunha laranxa. Reservamos o zume.
2.-Nun morteiro picamos as noces e as améndoas. Retiramos a un plato.
3.-Nunha taza mesturamos o aceite de oliva co vinagre e o chorriño de brandy. Mezclamos cun garfo. Engadimos un pouco de sal, pemeenta, o zume de laranxa e os froitos secos.
E montamos a tosta:
Rebanada de pan, enriba unha capa de salmón, a laranxa e rociamos o prebe agridoce por enriba.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...