Os veciños de Alfonso IX piden o traslado do cuartel da Garda Civil por seguridade

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de Interior
O Concello de Betanzos anunciou a reordenación do aparcamento no entorno do cuartel da Garda Civil por cuestións de seguridade. A medida, que supón eliminar varias prazas de estacionamento, non agradou aos veciños e comerciantes da zona que pediron non so alternativas ao aparcamento senón o traslado das dependencias policiais a outra zona: “se estamos a falar de seguridade nós non cremos que retirar aparcamentos sexa a solución, a solución sería trasladar o cuartel a unha zona separada do centro urbán”, din algúns veciños.
Ademais están preocupados porque “a publicidade que se lle deu ás medidas que se van tomar puxo esta zona no punto de mira, estase a trasladar unha imaxe de inseguridade que non beneficia nin aos veciños nin aos empresarios da zona”, afirman outros.
O Concello mantivo varias xuntanzas cos veciños nas que se formularon diferentes opcións e mesmo non descartan a petición do traslado das instalacións a outra zona. Polo momento os residentes e o Concello seguen a manter reunións de cara a chegar a unha solución a esta cuestión.
O BNG leva ao Congreso a petición de trasladar o cuartel
O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa na que interpela ao Ministerio de Interior sobre as súas intencións con respecto ao traslado do cuartel da Garda Civil desde a Feira Nova ata o extrarradio de Betanzos. Jorquera detalla na súa iniciativa a alarma veciñal xurdida logo de que o goberno local anunciase que o goberno central esixira ampliar o contorno de seguridade do cuartel obrigando a suprimir o estacionamento na praza, medida que suporía “un perxuizo importante para os residentes e os negocios radicados na zona,a escasos metros da praza do Campo”.
A postura do BNG de Betanzos defende o traslado do cuartel fóra do centro urbán e a recuperación da parcela sobre a que se asenta para usos públicos municipais. O tema xa foi tamén levado a Pleno o pasado 27 de outubro polo grupo nacionalista e tamén trasladou ao Delegado do Goberno o malestar veciñal nunha recente visita deste á cidade.

 


Novas relacionadas


ACEBE CCA RECIBE O GARELO DE COMERCIO E INDUSTRIA

07/09/2012

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...


leer máis


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis